domingo, 17 de mayo de 2020

¡¡Día das Letras Galegas 2020!!

Nenos e nenas da Aula Erizos, hoxe é un día moi especial en Galicia. Hoxe festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano non poderemos traballalo nin celebralo no cole. Pero os vosos mestres queremos deixarvos un vídeo moi divertido co que poderedes coñecer un pouco máis ao autor ó que se lle adica este día. Tratase dun vídeo musical no que a través de preguntas e dunha canción vannos contando cousiñas sobre Ricardo Carballo Calero. Dende aquí aproveitamos para dalas gracias ao mestre José Manuel López Cabana, creador do vídeo xunto coa súa familia, por compartir e deixar empregar a outros mestres este vídeo no que aprender é divertido.


Ademais os mestres Antolín y Xiana teñen un xogo para coñecer máis a Ricardo Carballo Calero. Para poder xogar, só tedes que visitar o blog amigo Antolín & Xi´s blog, que xa coñecedes. Tedes o enlace nol lateral, onde pon "¡¡Nuestros blogs amigos!! Ou ben pulsando na imaxen.
¡¡¡¡Aprendede, cantade e xogade moitos das actividades!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario