domingo, 10 de mayo de 2020

Proposta: A miña palabra galega favorita.

Los niños y niñas del Aula Erizos, tenemos unos profes geniales. Tanto que hoy desde el cole nos proponen lo siguiente: 





Boas a todos!!

Alumnado, familias, profesores... achégase o Días das Letras Galegas e non imos deixar de celebralo. Como non poderemos facelo xuntos no cole, ocurriusenos festexalo xuntos nas redes. Para iso, lanzámosvos esta proposta:


- Elixide unha palabra que vos guste en galego, pode ser a vosa palabra favorita. 

- Logo deberedes escribila, centrada e ben grande, nunha cartolina, folio...

- Debaixo da palabra, escribiredes: 

                 #EnGalegoColeDosCastros

- Sacade unha foto vosa co cartel ou do cartel só. (Non esquezades poñer o voso nome e curso no cartel).

- Dende o día 10 de maio ata o 16 de maio, podedes ir facéndonos chegar as vosas fotos. Para iso, enviade a foto, indicando: nome, curso e palabra elixida; ó enderezo electrónico:

                                                 coledoscastros@gmail.com

Nota: Nas imaxes tedes toda a información.

Animádevos a participar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario